As Grandes Frases

"La materia prima fundamental de la nueva sociedad es la inteligencia" -- Juan C. Rodríguez Ibarra (ex- presidente de Extremadura)
"Que son los recuerdos? _ Cosas que tenemos o cosas que ya no tenemos" Luís Piedrahíta (humorista)
"No hay mejor cuña, que la misma madera" -- Fernando Romay

sábado, 19 de abril de 2008

A evolución da muller, ese gran descoñecido


A outra noite estiven cavilando e dinme de conta que a muller, ese gran descoñecido, experimenta unha evolución segundo o bolso que complemente, e non me refiro de que si o leva negro porque combina coa chaqueta, ou verde porque o fai co ... eu que sei, mesmo esa pequena gran prenda da movida nocturna, e que xa abordaremos noutro momento, pois agora centrareime na muller e os bolsos.

Para empezar, e o máis sorprendente de todo, os bolsos das adolescentes e xóvenes (normalmente dos 16-17 aos 28-30 aprox.), bueno e si se poden chamar bolsos, porque eses máis que bolsos son maletas de man, mira se tal que se tiveran que facturar, terían que pagar suplemento. Pero realmente que levan as xóvenes no bolso, unha prancha ou toda a súa vida, que pasa que non queren deixar nada na casa para que así llo poidan roubar. Ou só queren fachendear de posesións. Ademais para colmo non se sinten cansas deles, nin se queixan polo peso, pois polo tamaño estes deberían pesar case 1T, senón que se sinten orgullosas del, pero póren segundo pasan os anos comezan a disminuír o tamaño dos seus bolsos a un tamaño máis racional coa excusa de que cando máis grande sexa, máis cousas levan (moitas veces trapalladas), máis pesan e logo máis hai que aturalas, pois se queixan da espalda, e senón que llo "digan o 70% de casados que padecen a "moditis" de leva-lo bolso que leva Carolina Herrera, ou Mango iso sempre mercado na feira dos sábados pero fachendeando que custou case 200€, 200€?? pero quen vaise crer tal barbaridade.

Pero aínda así seguen levando bolsos grandes, pero agora queixando de que meten moita trapallada que logo pasa no bolso días, meses ou ás veces anos, ata que un día dalles por dar limpeza, e o vacían todo e o volven encher, primeiro as carteiras, o móvil, o listín, a barra dos beizos, o lapis dos ollos, ... e así ata case volver encher o bolso como o principio, antes de vacialo, coa única diferenza de que agora non quedan anacos de papeis, ou calqueira outra cousa que vai quedando no bolso co tempo e o uso, coma ese papel de chicle que por ser limpa e non tira-lo chan vai quedando aí polo esquecemento, ou eses debuxos do neno na consulta do médico ou do parque, ou incluso eses xoguetes do neno de cando vai ao parque e que logo non usa pois os amigos do cole, teñen balón e prefire xoga-lo partido, e ti hai de pé coas putras nais, porque iso é outra as nais que levan os nenos ao parque e se poñen a falar non se sentan nin tolas, que pasa que o modelito perde o estilo da prancha que levan as adolescentes no bolso.

E xa finalmente, un se da conta que a muller, esa gran descoñecido, vai gañando anos (e aínda que isto non me gusta nomealo) a partires da disminución da frecuencia do acto sexual, e no tamaño do bolso, despois acompañaa a súa carteira e finalmente chega un momento no que os deixa na casa e manda o marido (como bolso andante e parlante pois non parará de rosmar)acompañala ao mercado (á Plaza, en Galicia) para que lle leve os cartos e xa aproveitando as bolsas, polo que se resume que todos os anos que soportou a súa espalda o cheo de bolsos enormes, agora o amaña levando únicamente o peso do vestido.

En definitiva, se maña saes pasear recorda que se só tiveras o bolso como referencia da muller, isto non plantearía ningún problema pois a maleta de man: a muller xové, o bolso grande pero pesado: a casada, e o marido collido do brazo: a avóiña.
E recorda, nunca subestimar o bolso dunha muller, ...
... e recorda que o teu sorriso che acompañe sempre, cun bo bolso na casa.


O torrente pasa,
as árbores florecen,
os xílgaros cantan,
e o amo canta.

Pero nun intre
as nubes descargan
as augas desbordan
e os paxaros mais os homes calan.
Pablo M

2 comentarios:

Anónimo dijo...

a veces os homes non serven mais, qùe para facer de bolso.
cando unha muller deixa de usar o bolso non é porque molestelle a espalda,é para facer que o home se sinta util.

Anónimo dijo...

No tienes ni "pajolera" idea del poder que tienen una mujer y su bolso. La mujer usa el bolso de la misma manera que usa a su pareja,generalmente masculina, con dominio, demostrando que ella es la dueña de todas las situaciones, porque siempre sabe salir airosa de todas ellas.Ella es .....LA REINA.