Teño fontes persoais de que Tele5 gaña en audencia a La Sexta, bueno realmente gaña a todas xuntas, pero especialmente a do famoso Emilio Aragón e o tiki taka.
Tamén sei que "Aqui hay tomate" (T5) arrasa sobre "Se lo que hicisteis..." (L6), pero porén as maiores críticas van para o tomate, e especialmente o seu comandante da outra acera, JJ Vázquez. E mentres os halagos van para os do programa anti-tomate (espero non velos comer ketchup nunca) presentado pola parviña de Patricia e o listiño de Ángel Martín.
Aquí na rede debe pasar o mesmo, pero neste caso, "SadaDigital" gaña a "El Café de Marga", e ao revés que na caixa tonta, arestora somos tamén nós os que levamos as críticas ou cachondeos, e todo porque facemos comentarios e debates moi profundos, moi de pensar, e aqui a xente entra a divertirse ou botar unhas risas, como se di arestora.
Pois tranquilos, non vós poñades nerviosos, queredes risas, pois ides ter risas a esgalla, eso si logo nin eu, nin ninguén que dirixe este pequeno espazo da rede, fárase cargo dos "mortos de risa".
Tamés creo que vós gusta ver a actualidade de maneira divertida e burlesca, coñecer máis desta pequena vila onde nós atopamos do que este blog encargárase. Vexo que tamén vós gustan os vídeos do youtube pois este blog tamén se encargará de que vós cheguen máis familiarmente os vosos ollos, entre outras moitas cousas...
Xa sen máis dilación, pois non me gustan as dilacións comezamos con esta nova e divertida etapa do blog, e aínda que poida saber a pouco, hai vai un pequeno pero grande vídeo de cando Fraga era xové ... e maleducado, bueno eso último foino sempre.
Máis adiante máis e mellor, pero con calma que o mundo non se fixo en sete días...
... e recordade que o voso sorriso vós acompañe sempre ...... e en galego mellor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario