Xa van dous anos, xa van dous veranos sen poder desfrutar da noite máis curta do ano, da noite máis festiva do ano, desa noite que comeza ás 24h pero desa festa que comeza as 17 h do serán, con ese areal e barrios repletos de xóvenes e non tan xóvenes, que comezan a prepara-las súas lumeradas colocando ... máis madeira!!!! E con iso comeza a festa coas bebidas, comidas, risas, lamentos, amores, e moita moita area.Pola súa parte os non tan xóvenes, e nos barrios comezan a facer unha sóa lumerada, e sobre todo grandes barbacoas para as benditas sardiñas que mollando o pan fan do S. Xoán unha festa máis perfecta e de Interese Turístico.
Logo chega a noite, e cheos ata a gorxa, de sardiñas e pan, ... e do que non é comida, a saltares as lumeradas pra espantar as temidas meigas, e evitando os males maiores. E xa pola maña comeza o agosto dos limpadores do lixo e do que non é lixo.
Saúdos!! E a desfrutar, que son dous días... co voso sorriso que vós acompañe sempre
Pablo M
P.D: ... esperemos que estes dous anos non me pasen factura, e as meigas non me mordan a orella.